O Porriño, preparado para a ida da semifinal europea contra o Hazena (19:00h, G2)
O equipo de Isma Martínez inicia o camiño para estar na final da European Cup
A volta, na República Checa a semana que vén, tamén a poderán ver nesta casa
As xogadoreas de Isma Martínez xa coñecen polo miudo o que se van encontrar este domingo na ida das semifinais da European Cup.
O Hazena Kinzuart checo, no que destaca a súa porteira Sabrina Novotna, non se parece a ningún dos seus rivais continentais polo que haberá que estar pendentes dos posibles xiros de guión que ofreza o partido e pensar no que pode ser unha boa renda para a volta.
Coa dúbida de Daniela Moreno volve a competición continental ao Porriño nunha cita histórica para o Conservas Orbe Zendal. Está en xogo unha praza para a final da European Cup ante un equipo con lanzamento exterior e que fai boas transicións.
As checas son fortes na casa, pero no Porriño a expectación máxima e a bancada do municipal fará o seu traballo.
Este domingo, as sete, na G2, cita coa historia para o cadro porriñés.