Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derrota do Porriño antes de afrontar o gran reto da EHF European Cup

Derrota do Porriño antes de afrontar o gran reto da EHF European Cup

Caeu na pista do Elxe (21-16) no encontro adiantado á xornada porque a fin de semana xoga a ida das semifinais da competición europea

G24.gal 18/03/2025 22:29

O Conservas Orbe Zendal Porriño perdeu por 21-16 na pista do Elxe no partido adiantado á vixésima xornada da Liga Guerreras Iberdrola. O encontro xogouse o martes, xusto despois da Copa, por mor do compromiso europeo que ten o cadro galego esta vindeira fin de semana. 

Diante do Elxe as dúas porterías marcaron o encontro. Custoulle moitísimo marcar aos dous equipos (2-1 nos primeiros dez minutos) pero un parcial de 6-2 para o conxunto local permitiulle marchar cunha vantaxe que xa non deixaría escapar. Ao descanso o Elxe gañaba por 12-7. No segundo tempo a diferenza non baixou dos tres goles e acabou o partido cuns rexistros goleadores moi baixos e favorables ao cadro ilicitano. 

Dentro do club porriñés todos están pensando no compromiso da vindeira fin de semana na ida das semifinais da EHF European Cup diante do Hazena Kynzvart da República Checa. O domingo ás 19:00 horas (G2 e Agalega.gal) o pavillón do Porriño será unha festa diante dunha cita para a historia do club. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade