Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela perde co Barcelona logo de recibir dous goles nos últimos segundos

O Burela perde co Barcelona logo de recibir dous goles nos últimos segundos

Os da Mariña completaron un gran partido, pero acabaron perdendo contra un dos equipos máis fortes da competición (3-4)

G24.gal 30/03/2025 10:22

Ao Burela Fútbol Sala escapoulle o triunfo diante do Barcelona logo de recibir dous goles no último minuto de encontro (3-4). Os da Mariña realizaron un dos mellores encontros da temporada, pero a sorte foilles esquiva. 

O partido púxoselle de cara ao Barça no primeiro tempo. Marcou Dyego aos 3 minutos, empatou Charly e Sergio González volveu a poñer por diante ao cadro catalán (1-2 ao descanso). No segundo tempo o Burela empurrou moito, xogoulle de ti a un dos equipos máis poderosos do campionato e conseguiu remontar cos tantos de Junhinho (minuto 30) e Rikelme (minuto 35). 

O Barcelona entregouse sobre a portería de Kaluza e tivo esa pinga de fortuna necesaria para remontar. Empatou Dyego xa dentro do último minuto. E a poucos segundos do final unha xogada desafortunada do conxunto galego acabou co autogol de Charly para poñer o marcador definitivo. O Burela segue con catro puntos de marxe sobre o descenso a sete xornadas para o final da liga regular. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade