Cargando resultados...
Haberá cheo total na Malata para o derbi diante do Deportivo
O Deportivo terá 210 entradas para os seus socios
G24.gal
25/03/2025 19:54
Este sábado hai derbi galego na Malata. O Rácing de Ferrol anunciou que xa non quedan entradas para o partido. As máis de 900 localidades postas á venda xa están esgotadas. O Deportivo dispón de 210 para os seus socios. O estadio ferrolán volverá acoller un cheo absoluto nunha das mellores entradas da temporada. Hai que lembrar que o partido está declarado de alto risco e estará prohibido exhibir elementos do Deportivo en calquera outro sector que non sexa a bancada visitante.