Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta cambiará a lei do deporte para exercer acción popular ante casos de violencia

A Xunta cambiará a lei do deporte para exercer acción popular ante casos de violencia

Diego Calvo insistiu na "tolerancia cero" contra a violencia no deporte

G24.gal 25/03/2025 14:24 Última actualización 25/03/2025 14:53

A Xunta vai modificar a Lei do Deporte de Galicia de 2021 para poder exercer a acción popular nos procedementos penais por violencia no deporte, como "medida disuasoria" e "un paso máis" na loita contra este tipo de actitudes no ámbito deportivo.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na súa comparecencia deste martes no pleno do Parlamento, insistiu na "tolerancia cero" contra a violencia no deporte, co "illamento e a persecución sen cuartel" de quen a exerza, tanto dentro como fóra dos estadios e as canchas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade