Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo fai oficial a chegada de Quique Domínguez

O Frigoríficos do Morrazo fai oficial a chegada de Quique Domínguez

Domínguez, de 56 anos de idade, firma por dous anos e chega avalado por unha longa traxectoria profesional

Foto Cangas
G24.gal 25/03/2025 15:33 Última actualización 25/03/2025 15:38

Xa é oficial. O Frigoríficos do Morrazo acaba de anunciar a fichaxe de Quique Domínguez para que sexa o seu adestrador a partir da próxima tempada, en substitución dun Nacho Moyano que anunciou a súa saída fai un par de semanas.

Domínguez, de 56 anos de idade, firma por dous anos e chega avalado por unha longa traxectoria profesional nos bancos do Academia Octavio (máis dunha década), Teucro (catro tempadas), Novás (un ano) e mesmo na liga de Arabia Saudita, nas filas do Mudhar (unha campaña).

Actualmente cumpre a súa quinta tempada como técnico do Anaitasuna, co que finalizará a liga, pero do que xa se despediu o pasado mes de xaneiro nunha emotiva comparecencia.

“A chegada de Quique Domínguez supón o tiro de saída para un novo proxecto, cun adestrador que encaixa perfectamente na nosa filosofía: galego, con moita experiencia e que fai xogar aos seus equipos moi ben a través dun balonmán dinámico, competitivo e moi intenso”, afirma Óscar Fernández, director deportivo do Cangas.

O perfil do técnico pontevedrés era moi similar ao que buscaba o Frigoríficos para darlle a substitución a Moyano

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade