Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo mantense como o único equipo galego na Copa do Rei

O Frigoríficos do Morrazo mantense como o único equipo galego na Copa do Rei

O Cangas tivo que empregarse a fondo para derrotar o Cidade Real (36-39)

O Cisne non tivo opcións diante do Torrelavega (21-32)

G24.gal 05/03/2025 21:34

Queda un representante galego na terceira rolda da Copa do Rei de balonmán. O Cangas Frigoríficos do Morrazo conseguiu clasificarse despois de gañar na pista do Cidade Real por 36-39. Tivo que empregarse a fondo o equipo da Asobal porque ao descanso perdía por 17-15. No segundo tempo a desvantaxe chegou a ser de catro goles pero o equipo de Nacho Moyano imprimiu un gran ritmo a todas as súas accións e acabou remontando nos últimos quince minutos. 

O que non tivo opcións foi o Cisne. O equipo pontevedrés recibía o Torrelavega, tamén da Asobal. Ao descanso xa gañaba o equipo cántabro por 10-17 e comezou o segundo tempo cun parcial de 0-5 que sentenciou a eliminatoria. O resultado final (21-32) fala ás claras da superioridade visitante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar