O Cangas vence ao Puente Genil (26-25) e fuxe da zona perigosa
Tres paradas de Krivokapic nos últimos minutos aseguran o triunfo contra un rival directo
O Frigoríficos do Morrazo fuxe seis puntos por riba do descenso

O Balonmán Cangas acadou unha vitoria fundamental na súa loita por eludir a zona perigosa. Os de Nacho Moyano venceron ao Puente Genil, que chegaba ao Gatañal cos seus mesmos 14 puntos, o que lles permite sumar 16, e tomar aire na zona media da táboa.
Foi un encontro igualado, que os galegos dominaron no marcador, cunha renda que se asentou arredor dos tres tantos durante durante boa parte da primeira metade. Ao descanso chegouse 15-13 e, na continuación, o partido seguiu na mesma tónica, apero os visitantes conseguiron empatar a 24 aos vinte minutos cun gol de Barros. Logo do tempo morto, igualaron tamén a 25 por medio de Lucas Aizen.
Os andaluces nunca foron por diante, pero a igualada tampouco descentrou aos locais. Mads Thymann anotaba o 26-25 e, malia a que aínda faltaban máis de 4 minutos, o marcador xa non se moveu. Emerxeu a figura dun enorme Luka Krivokapic. O porteiro do Cangas detivo tres lanzamentos neste tempo, impedindo a igualada do Puente Genil, e asegurando a importante vitoria dos cangueses. No apartado goleador, destacou Raymon Toth, con cinco tantos.