Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Balonmán Cangas retoma a Liga cunha importante vitoria sobre o Valladolid (30-26)

O Balonmán Cangas retoma a Liga cunha importante vitoria sobre o Valladolid (30-26)

Os cangueses racharon o marcador mediada a primeira metade, pero tiveron que resolver no treito final

Quinta vitoria da temporada para os de Nacho Moyano

Foto: Raúl Fonseca / ASOBAL
G24.gal 08/02/2025 20:52

Regresou a Liga Asobal tralo Mundial e fíxoo con vitoria do Frigoríficos do Morrazo ante o Valladolid, a quinta para os cangueses esta temporada.

Os galegos foron por diante todo o partido liderados por Martín Gayo, 6 goles, e Mads Thymann, fundamental en ataque, con 9 tantos, e en defensa.

O Valladolid achegouse cara ao final do partido, pero aí apareceu o porteiro Luka Krivikapich, que debutaba co Cangas. Triunfo importante para comezar con azos renovados a segunda volta do campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade