Segue en estado de graza Brais Méndez, que marca por terceiro partido seguido
A Real Sociedade encamiñou o pase na Europa League cun triunfo en Dinamarca por 1-2

A Real Sociedade deu o primeiro paso cara aos oitavos de final da Liga Europa cun triunfo apurado (1-2) na súa visita ao Midtjylland dinamarqués. Marcaron o xaponés Kubo e o de Mos Brais Méndez, nun gran momento de forma. Este é o terceiro partido seguido con gol do galego despois de anotar na Copa contra o Osasuna e en Liga contra o Español.
A Real foi moi efectiva nos primeiros 45 minutos ante un rival que lle deu moitos problemas. Na portería Marrero sacou moi boas mans e o local Buksa marcou un gol que lles dá opcións para a volta. Imanol meteu trocos no segundo tempo e o equipo vasco controlou mellor o partido e aguantou un resultado favorable para a volta, a vindeira semana no Reale Arena.