Publicador de contidos

Publicador de contidos

O colexiado Munuera Montero, investigado por conflito de intereses

O colexiado Munuera Montero, investigado por conflito de intereses

O árbitro que expulsou a Bellingham a pasada fin de semana non ten partido asignado para a vindeira xornada

G24.gal 18/02/2025 20:14

O colexiado que asubiou o partido entre o Real Madrid e o Osasuna o sábado pasado no que expulsou a Bellingham atópase no centro de todas as olladas do fútbol español. Tanto é así que está a ser investigado por conflito de intereses pola empresa Talentus Sport na que figura como propietario. A investigación está a analizar si a citada empresa ten relacións profesionais coa Liga, a UEFA, a propia Federación Española e algúns equipos europeos, algo incompatible co código de ética polo que se rexen os árbitros. 

Polo de pronto, Munuera non ten partido para o vindeiro fin de semana. Todo o balbordo que hai ao seu redor fixeron que o Comité Técnico de Árbitros pedise que non estivese no foco ata que se aclare esta situación. Tanto a Federación como o CTA non quixeron pronunciarse e derivaron a documentación ao departamento xurídico da Cidade do Fútbol das Rozas. 

Nas últimas horas o colexiado borrou toda referencia coa citada empresa en redes sociais ou en Linkedin onde si aparecía a relación con anterioridade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade