O Mecalia Guardés derrota ao Morvedre (32-23) e é máis líder
O Mecalia Guardés derrota ao Morvedre (32-23) e é máis líder
As galegas gañaban dun gol ao descanso (13-12), e sentenciaron na segunda parte cun parcial de 7-1
Cifuentes e Hauptman comandaron a anotación con seis goles
Décimo quinta xornada e o Mecalia Atlético Guardés sumou a décimo cuarta vitoria. Foi na Sangriña diante do Morvedre. O partido marchou igualado ao descanso, un arriba as galegas, que mesmo foron perdendo por 11 a 12 antes de adiantarse. ç
Pero a segunda parte foi espectacular das guardesas. Un parcial de 7-1 lanzounas cara o triunfo. Acabaron marcando 19 goles na continuación para gañar 32-23. Cristina CIfuentes e Blazka Hauptman comandaron a anotación con cadanseus 6 goles.
O triunfo lanza ás galegas no liderado da táboa, agora cunha vantaxe de catro puntos sobre o Bera Bera e do Málaga, que perdeu.