Publicador de contidos
Publicador de contidos

Guardés e Porriño comezan a segunda volta con vitorias

Guardés e Porriño comezan a segunda volta con vitorias

O Mecalia gañou en Xixón (18-27) e o Porriño na pista do Zuazo (22-28)

G24.gal 26/01/2025 11:06

Seguen os dous equipos galegos da Liga Guerreras Iberdrola con paso firme. O Mecalia Guardés impúxose na pista do Xixón e o Porriño desfíxose do Zuazo no inicio da segunda volta do campionato. 

O Conservas Orbe Zendal Porriño xogaba diante do pechacancelas e non se podía permitir perder ningún punto. Xa dominaba ao descanso por 7-14 cunha grande actuación de Carolina Bono e na segunda metade sumáronse á festa goleadora Paulina Buforn e Daniela Romero para asegurar o triunfo por 22-28 mantendo en todo momento a vantaxe por riba dos cinco goles. 

O Mecalia Guardés continúa no máis alto da táboa clasificatoria co triunfo na pista do Xixón (18-27). O primeiro tempo resultou igualado cun 8-9 para as guardesas que no segundo tempo espeliron e conseguiron rachar o partido. Elena Amores e María Palomo foron as máximas goleadoras do conxunto galego con cinco tantos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade