Publicador de contidos
Publicador de contidos

España remonta seis goles e saca un empate diante de Suecia no Mundial de balonmán

España remonta seis goles e saca un empate diante de Suecia no Mundial de balonmán

Un gol de Dujshevaev no último segundo permitiulle igualar (29-29)

G24.gal 20/01/2025 21:36 Última actualización 20/01/2025 22:08

A selección española de balonmán perdeu diante de Suecia (xx-xx) e complica a situación para a segunda fase do Mundial. España pasa á Main Round con só dous puntos polos catro cos que entrarán os suecos. Iso dálle unha marxe de erro moito menor para os partidos que veñen agora. 

Suecia encamiñou o triunfo cun parcial de 5-0 ao pouco de comezar (9-4) e levou as diferenzas ata os sete goles no primeiro tempo. O pontevedrés Carlos Álvarez saiu como titular pero non puido facer ningunha acción ofensiva. Ao descanso chegouse coa vantaxe de Suecia por 16-11. 

O segundo tempo comezou do mesmo xeito, cos suecos mandando por cinco ou seis goles. Ata que a selección española apertou en defensa e comezou a recuperar a desvantaxe. No último cuarto de hora conseguiu ir rabuñando gol a gol ata empatar 28-28 a un minuto do final. Suecia transformou un penalti e España tivo un último ataque para empatar que transformou Alex Dujshevaev. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade