Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Mecalia Guardés afianza o liderado cunha vitoria no derbi (26-22)

O Mecalia Guardés afianza o liderado cunha vitoria no derbi (26-22)

A falta de acerto do Conservas Orbe Zendal Porriño condenou o equipo

As guardesas resolveron grazas aos lanzamentos de 7 metros de Cifuentes

G24.gal 28/12/2024 20:34

O derbi galego quedou na Sangriña. Foi nun partido disputado, cun gran papel das defensas, que o líder acabou levando grazas ao acerto de Cristina Cifuentes desde os 7 metros. A pivote acabou con 7 goles, 6 nesa sorte.

Porque desde o principio xa se viu que as defensas primaban sobre os ataques. Sobre todo no Porriño, que tardou máis de seis minutos en anotar. Tampouco as locais tiñan facilidade para marcar, aínda que abriron unha fenda de catro goles co 6-2 que case mantiveron ata o 12-9 do descanso descanso.

A volta de pausa, o Porriño meteuse de cheo no partido, mantendo un intercambio de goles ata o 16-15. Pero foi nese momento cando emrxeu a figura de Cristina Cifuentes, que tirou partido dos lanzamentos de 7 metros para volver distanciar ao Guardés.

O Porriño, comandado por Mica Casasola no apartado goleador con 6 goles, resistía no marcador, pero o Guardés non afrouxou. Seguiu mantendo a vantaxe ata o 26-22 final, que deixa ao Guardés máis líder, e impide a reacción do Porriño. Aí emerxeu tamén a figura de Pauli Fernández, que pechou o encontro con 5 goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade