Cargando resultados...
A Comisión Galega de Control da Violencia abre expediente contra o agresor de Sanxenxo
A Comisión Galega de Control da Violencia abre expediente contra o agresor de Sanxenxo
Enfróntase a unha multa de ata 600.000 euros
G24.gal
18/12/2024 14:28
Os partidos de balonmán galego disputaranse a porta pechada ata o vindeiro 18 de xaneiro. Esta é unha das medidas despois de que o pai dunha xogadora agredira o avó dun árbitro a fin de semana pasada.
Ademais, a Comisión Galega de Control da Violencia tamén abriu un expediente sancionador contra o agresor, que pode supoñerlle unha multa de ata 600.000 euros.