Detida a parella do dono da axencia de viaxes denunciada por estafas na Coruña
Detida a parella do dono da axencia de viaxes denunciada por estafas na Coruña
O propietario, arrestado na xornada de este martes, segue á espera de declarar ante o xuíz
A axencia, que conta xa con centos de denuncias, non abriu hoxe as súas portas
A Policía Nacional detivo a parella do dono dunha axencia de viaxes situada na avenida de Fisterra, no barrio do Agra do Orzán na Coruña. O establecemento foi denunciado por supostas estafas e, na xornada de onte, martes, o 091 xa levou a cabo o arresto do propietario do mesmo.
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou este mércores de que hai “un centenar” de denuncias de clientes, a maioría migrantes, que compraron billetes de avión para ir aos seus países de orixe en Nadal e estes nunca se emitiron.
Tras a detención do dono da axencia de viaxes, este mércores detívose á súa parella porque “é a titular do CIF” do negocio e tamén se realizaron rexistros para intentar “esclarecer o sucedido”.
Rivas lamentou a situación e lembrou o “esforzo económico” que fixeron estas persoas para “reunirse coas súas familias nestas datas” e fixo un “chamamento a outros afectados para que presenten denuncia” na Policía se non o realizaron xa.