Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen a parella do dono da axencia de viaxes da Coruña que supostamente deixou tirados centos de clientes

Deteñen a parella do dono da axencia de viaxes da Coruña que supostamente deixou tirados centos de clientes

O propietario, detido onte, permanece á espera de declarar ante o xuíz

A axencia, que conta xa con centos de denuncias, non abriu hoxe as súas portas

G24.gal 18/12/2024 13:52 Última actualización 18/12/2024 14:24

Continúa detido na Coruña o dono da axencia de viaxes que presuntamente estafou un cento de clientes con voos de avión pagados pero non emitidos.

Hoxe a principal novidade e que a axencia, situada avenida de Fisterra, non abriu as súas portas por primeira vez dende que hai uns días saltou a alerta da presunta estafa con ata 300 voos non emitidos.

Onte foi detido o dono, e principal responsable, desa presunta estafa que permanece detido en dependencias policiais á espera da súa posta a disposición xudicial. Este mércores foi detida tamén a súa parella á que está asociado o CIF da empresa AM Transfers.

A axencia leva anos operativa e moitos mercaron voos internacionais nela sen problema nese tempo. Non entenden que puido pasar agora.

Dende o sector, segundo varias fontes consultadas, lamentan o desprestixio que causan estas situacións e ven difícil tamén que os afectados poidan recuperar os cartos, o que dependerá fundamentalmente da solvencia da propia axencia e dos seguros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade