Cargando resultados...
Detido o dono da axencia de viaxes da Coruña denunciado por migrantes que quedaron sen vooo
Detido o dono da axencia de viaxes da Coruña denunciado por migrantes que quedaron sen vooo
Está acusado dunha suposta estafa, xa que os denunciantes pagaron por billetes de avión que non existían
Medio cento de denuncias dos migrantes prexudicados por unha axencia de viaxes da Coruña
G24.gal
17/12/2024 16:48
A Policía Nacional detivo o propietario dunha axencia de viaxes da Coruña por supostas estafas aos seus clientes.
Fontes policiais confirmaron que o home foi detido este martes e que a investigación continúa aberta.
Decenas de persoas afectadas denunciaron unha suposta estafa, xa que abonaron o pago dos seus billetes de avión -a maior parte para viaxar a países de Latinoamérica- e non se emitiron, polo que non puideron viaxar.
A maioría de clientes desta axencia son migrantes que residen na Coruña e que querían pasar o Nadal nos seus países de orixe.