Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un debedor reincidente volve marchar sen pagar a conta dun restaurante da Coruña

Un debedor reincidente volve marchar sen pagar a conta dun restaurante da Coruña

O home, un xubilado duns setenta anos, agardou impasible a chegada da policía

G24.gal 27/10/2024 20:58

O martes celebrarase o xuízo rápido contra un home que, tras unha comida opípara nun restaurante da Coruña, decidiu non aboar a conta. Nunca perdeu a calma, mesmo cando chegou a policía e comprobou que o de xantar e non pagar era unha práctica habitual nel.

Entrou sen espertar sospeitas, pediu unha cervexa, preguntou se había algo para petiscar e despois decidiu que quedaría a xantar.

"Primeiro, segundo, postre, café, e catro ou cinco cervexas. Quedou ben cheo", comenta Michele Peroni, o propietario.

Non se privou de nada, unicamente de pagar a conta, algo máis de sesenta e cinco euros que se negou a desembolsar mesmo cando, tras a chamada dos propietarios, se presentaron no restaurante sete axentes da Policía Local. O comensal moroso nunca perdeu a educación nin a compostura.

"Sabía que ía marchar tranquilísimo. Falou cos policías un bo anaco e contoulles onde comera, onde quería ir xantar..."

O home, un xubilado duns setenta anos, non é un descoñecido nin para a autoridade nin para moitos hostaleiros da cidade. Michele denunciou e anima a facer o propio a todos os compañeiros aos que lles sucedeu o mesmo. O próximo martes celébrase o xuízo rápido contra o debedor que antes de marchar deixou escrita unha nota enigmática con cinco palabras: "son un pobre entre ricos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade