Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Aemet advirte de falsos SMS de alerta suplantando a súa identidade

A Aemet advirte de falsos SMS de alerta suplantando a súa identidade

"Se recibes unha mensaxe similar, non abras a ligazón", advirte

Mapa de avisos de AEMET Mapa de avisos de AEMET
G24.gal 11/11/2024 17:36

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) avisou de SMS facéndose pasar pola institución despois de que varios usuarios advertiran de mensaxes supostamente procedentes do organismo estatal en que se advirte de que "se prevé unha tormenta severa na súa rexión".

"Aemet nunca envía SMS. Se recibes unha mensaxe similar, non abras a ligazón", destacou o organismo estatal nunha mensaxe na rede social 'X', recollido por Europa Press.

Á súa vez, recomendou usar a súa 'app' para manterse informado, que só se pode descargar das 'stores' oficiais, é dicir, das tendas de aplicacións oficiais de iOS e de Android.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade