Publicador de contidos
Publicador de contidos

Accidente de tráfico mortal en Vedra

ÚLTIMA HORA

Accidente de tráfico mortal en Vedra

Foi na parroquia de Santa Cruz de Rivadulla e polo que puido saber a Radio Galega habería polo menos dous mortos

Serían tres os vehículos implicados, un dos cales invadiu o carril contrario e levou por diante aos outros

A un botouno fóra da estrada e a súa única ocupante estaría falecida. As dúas persoas que ían no outro resultaron ilesas

No coche que invadiu o carril contrario ían o condutor e un acompañante; un deles estaría falecido e ao outro trasladárono en ambulancia ao hospital

A circulación está sendo desviada e na zona hai patrullas da Garda Civil de Tráfico

G24.gal 15/11/2024 01:01
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos