Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido en Melilla por defraudar máis de 800.000 euros en impostos

Detido en Melilla por defraudar máis de 800.000 euros en impostos

O empresario prexudicou miles de cidadáns e empresarios da cidade autónoma, ademais de realizar roubos, estafas e malversacións

Tras a investigación da Garda Civil, a súa área de actuación do detido ampliouse a provincias como Almería, Málaga ou Cádiz

A Garda Civil procedeu á detención en Gran Canaria/Garda Civil A Garda Civil procedeu á detención en Gran Canaria/Garda Civil
G24.gal 14/11/2024 11:12 Última actualización 14/11/2024 12:01

Este xoves, a Garda Civil detivo en Melilla a un empresario por diferentes delitos económicos. A infracción máis notable foi defraudar máis de 800.000 euros ao evadir o pago do Imposto sobre a Produción, Servizos e a Importación (IPSI). Multitude de cidadáns e empresas da cidade autónoma sufriron as consecuencias desta actividade irregular.

O criminal conta ademais cun amplo historial de antecedentes policiais contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. Destacan roubos, estafas, malversación e apropiación indebida, entre outros.

Segundo declara a Garda Civil, o detido posuía a titularidade e administración de múltiples empresas de transporte en Melilla. Ademais, apropiouse ilicitamente de pagos ao IPSI de diferentes compañías e cidadáns melilleses, infracción que causou un gran prexuízo económico ás actividades comerciais dos mesmos.

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPX) da Comandancia de Melilla e o Equipo Contra o Crime Organizado de Canarias (ECO), dependente da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, foron os encargados de desenvolver a detención. Os feitos producíronse dentro da operación Marco Latente. O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número de Melilla encargouse da tutela.

Os axentes iniciaron a dobre investigación despois de que a Fiscalía da cidade autónoma recibira unha denuncia. Primeiro identificaron aos miles de cidadáns e ao seu patrimonio empresarial afectado, ademais dos traballadores que non cobraban os seus salarios. Despois procedeuse á detención do criminal, que se atopaba na illa de Gran Canaria.

Posteriormente analizáronse as contas bancarias e documentos mercantís intervidos polo empresario. Estas actividades agochaban un ámbito de actuación máis alá de Melilla, incluíndo provincias como Almería, Cádiz, Murcia, Madrid ou Málaga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade