Avanza a investigación da morte do carniceiro de Santiago coa sospeita de que un dos detidos traballou na praza
Avanza a investigación da morte do carniceiro de Santiago coa sospeita de que un dos detidos traballou na praza
Avanza a investigación da morte do carniceiro de Santiago coa sospeita de que un dos detidos traballou na praza
Un dos detidos quedou en liberdade e os outros dous poderían pasar mañá a disposición xudicial
O testemuño do vixante e a autopsia, claves para determinar o tipo de homicidio
A praza reabriu con aparente normalidade, pero a mañá está resultando un tanto complicada, como confesan os praceiros.
"Un baleiro. O mercado perde un valor importante e un atractivo importante porque ese coñecemento que arrastra a familia Muñico estaba depositada en Antonio. A carne cómprase en calquera posto, pero a carne dun artesán coma el, non".
"O que pasou é unha dor moi grande aquí no mercado e é unha presenza que vai faltar"
Á falta de información oficial, esténdese o ruxerruxe, que para dobre desgusto apunta a que un dos detidos traballou na praza hai uns meses. Non se sabe se Antonio, a vítima, o recoñeceu cando lles chamou a atención aos tres individuos por ouriñar na rúa, pero, de confirmarse o rumor, o golpe sería dobre. Máis aínda para outros praceiros, compatriotas venezolanos.
"Un dos mozos estivo aquí traballando. Coñecíao de pasar por aquí, como nos coñecemos todos pero dóenos especialmente á comunidade venezolana que pasara isto e desconcértanos", comenta Carlos, tamén venezolano.
Prevese que dous dos detidos pasen este xoves a disposición xudicial. Un terceiro quedou en liberdade este martes mesmo porque, segundo parece, non participou no altercado. O testemuño do vixilante e o resultado da autopsia serán claves para determinar a que delitos se enfrontan. Dependerá se Antonio morreu polo golpe do pau ou ao bater coa cabeza na pedra.
"Sexa como sexa, é unha fatalidade pero inseguridade non hai", sentenza Bermúdez, un dos máis veteranos.