Autorizan o regreso a casa dos máis de 4.200 desaloxados pola DINA en Andalucía
Autorizan o regreso a casa dos máis de 4.200 desaloxados pola DINA en Andalucía
Andalucía retoma a súa actividade escolar este venres, logo de que a DINA deixase sen clases a 1,3 millóns de alumnos en case 5.000 centros
Renfe comunicou que todos os servizos de proximidade de Málaga quedarán restablecidos este venres desde primeira hora
A Xunta de Andalucía autorizou o regreso "ordenado e seguro" de todas as zonas desaloxadas pola DINA nas provincias de Málaga e Cádiz. Son máis de 4.200 persoas, as últimas na tarde deste xoves en varios concellos de Málaga e Cádiz polo desbordamento do río Guadiaro.
Anunciouno o presidente andaluz Juan Manuel Moreno, nunha mensaxe en X.
🔴 Autorizado el regreso ordenado y seguro de todas las zonas desalojadas en Málaga y Cádiz.
— Juanma Moreno (@JuanMa_Moreno) November 14, 2024
Todos los centros educativos de #Andalucía retoman mañana viernes la actividad.
Avanzamos progresivamente hacia la normalidad.
¡GRACIAS por vuestra colaboración!#AndalucíaPreviene
Andalucía recobra pouco a pouco a normalidade e tamén está previsto que se reanuden este venres as clases en todos os centros que permanecían pechados.
Malia todo, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) elevou a nivel laranxa os avisos amarelos por choiva e tormenta para este venres en Huelva e advertiu sobre posibles mangas mariñas no litoral. Ademais, mantén activa as alertas de nivel amarelo por ondada no litoral mediterráneo andaluz, en concreto, en Almería, Granada e Málaga.
Andalucía atisba xa o final definitivo da DINA tras máis de 4.200 desaloxos preventivos, pero sen vítimas mortais nin danos persoais de importancia.
A DINA perdeu forza e xa pasou a ser unha borrasca fría illada. Desactiváronse a maioría dos avisos laranxa. Pero aínda hai risco de enchentes nalgúns puntos de Andalucía, especialmente na provincia de Huelva. Ata as doce da noite estaba fixada unha alerta por chuvia, con risco de tormentas durante toda a madrugada.
Tras o seu paso por Málaga, onde deixou acumulados de chuvia de 140 litros por metro cadrado, a DINA desprazouse nas últimas horas á parte máis occidental de Andalucía, cun maior impacto nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, onde houbo aviso laranxa ata as seis da tarde.
O peor estivo a fronteira entre Cádiz e Málaga, onde a auga puxo ao límite a capacidade do río Guadiaro, o que obrigou a desaloxar de maneira preventiva varios núcleos de poboación durante a tarde deste xoves.
Salvador Arcas, alcalde de Benamargosa, asegurou que "na parte baixa do pobo é onde está todo o comercio, e aí a auga entrou a cachón".
"O importante é que non houbo vítimas. O resto arréglase e a Deputación axudará a reparar os danos materiais", asegura Francisco Salado, o presidente da Deputación de Málaga.
Renfe restablece todos os servizos de proximidade
Renfe comunicou que todos os servizos de proximidade de Málaga quedarán restablecidos este venres desde primeira hora da mañá tras cesar as alertas polo temporal que desembocou a DANA durante esta dous últimos días.
Así, a compañía ferroviaria informou na súa conta oficial da rede social 'X' que os servizos de proximidade recuperan este venres o servizo habitual cos primeiros trens da Liña C1 e da Liña C2.
Renfe restablecerá todos los servicios de Cercanías de Málaga desde primera hora de mañana, 15 de noviembre. Se recupera el servicio habitual con los primeros trenes de la Línea C1 y de la Línea C2 , suspendidos desde el miércoles por la alerta roja de la AEMET.
— InfoRenfe (@Inforenfe) November 14, 2024
Estas dúas liñas foron suspendidas o pasado mércores como consecuencia das alertas de nivel vermello emitidas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) e mantivéronse pechadas durante a xornada deste xoves debido a que os avisos polo temporal non se deron por concluídos ata o comezo da tarde.