O Congreso aproba acelerar os xuízos para desaloxar ocupas
O Congreso aproba acelerar os xuízos para desaloxar ocupas
O desafiuzamento de ocupantes ilegais poderá tramitarse como procedemento abreviado, os coñecidos como xuízos rápidos
A medida propúxoa o PNV nunha enmenda que saiu adiante co apoio do PP e o voto en contra dos partidos do Goberno
O PNV logrou que o Pleno do Congreso aprobe este xoves un cambio legal na Lei de Axuizamento Criminal que permitirá axilizar os desafiuzamentos en casos de ocupación ilegal. Foi a través dunha enmenda introducida no proxecto de Lei de Eficiencia do Servizo Público da Xustiza.
En concreto, a emenda do PNV supón modificar o artigo 795.1 da lei de axuizamento para que os delitos de usurpación de morada e de violación de morada pasen a tramitarse polo procedemento abreviado dos procesos xudiciais, os chamados xuízos rápidos, o que permitirá axilizar a súa resolución e os desafiuzamentos que poidan ordenarse.
A enmenda saíu adiante con apoio do PP, ERC e Bildu e pese ao voto en contra dos partidos que forman parte do Goberno de coalición.
Así as cousas, a modificación quedou xa introducida na Lei de Eficiencia da Xustiza que foi aprobada tamén polo Congreso, neste caso co apoio de PSOE, Sumar e os seus aliados e o voto en contra de PP e Vox. A lei será remitida agora ao Senado.