Colonial e Merlin poderían seguir os pasos de Ferrovial e sair de España si cambia o réxime fiscal destas sociedades

Unha das primeiras consecuencias desta situación que os expertos definen de incerteza xurídica é a caída na bolsa
Primeiro foi Ferrovial. Trasladaba a súa sede a Holanda e deixaba de tributar en España. E ese camiño, a saída de España, pódeno seguir outras dúas grandes inmobiliarias, Merlin e Colonial se finalmente se elimina a exención fiscal ás Socimis, as sociedades cotizadas de investimento no mercado inmobiliario.
"Non nos gusta que non haxa un marco legal estable" asegura Jorge Fuentes, de Bestiver.
Unha das primeiras consecuencias desta situación que os expertos definen de incerteza xurídica é a caída na bolsa. Merlin e Colonial, aínda que agora recuperan, chegaron a perder estes últimos días un 7 e un 5 por cento. Preocupación tamén sobre como unha eventual saída de España pode afectar ao mercado da vivenda.
"Non é o momento", mantén María Bastida, profesora de Organización de Empresas na USC.
Este tipo de sociedade ata agora tributaba ao un por cento no imposto de sociedades, a cambio de que distribúan polo menos o 80 por cento do beneficio en dividendos para os seus accionistas. Co cambio que pretende impor o Goberno, pasaría a tributar o 25 por cento.