Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen vento de cola, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Sen vento de cola, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 10/10/2024 08:03

O ano 2021 o Estado esperaba incrementar a recadación nun 8,4 % e finalmente o incremento foi practicamente do dobre, un 15 %; no 2022 medraron outro 14 % cando prevían un 6,3 %, e no 2023 un 6,4 % cando se estimaba un 6 %. É dicir, ano tras ano, tras a saída da COVID-19, o Goberno recada máis do previsto.

Este ano, 2024, espérase un incremento dun 8 %, lixeiramente maior ca o esperado. Con este pasado de permanentes melloras sobre o previsto parece que o Goberno ten o vento a súas costas e navega sen dificultade. Tanto que se sente capaz de axeitarse ao plan de equilibrio fiscal sen facer axustes.

Pero a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal non pode vivir do optimismo, e augura un axuste de 9.000 millóns ao ano durante os seguintes catro anos. Prognóstico ao que se suma o Partido Popular,  a cuestión e quen ten razón e para sabelo só temos que analizar o vento de cola, collerá forza ou non.

E evidentemente non, por que? Porque era a inflación, máis subidas de prezos, máis IVE, máis salarios, máis IRPF, é dicir máis ingresos para facenda. Este mal das nosas economías familiares estaba facéndolle o traballo sucio ao goberno e como todos sabemos, esta xa está controlada. Polo tanto, as contas se teñen que saír será remando e remando, suando, porque o vento marchou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade