Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pode ser un bo momento para mercar vivenda?

Pode ser un bo momento para mercar vivenda?

O sector inmobiliario apunta que non compensa agardar a que baixen os xuros

O prezo da vivenda aumentou preto dun 10 % nun ano

G24.gal 02/07/2024 14:14

Sobre todo nas cidades, a demanda de vivenda supera a oferta. Os prezos aumentaron preto dun 10 % no último ano. Miguel Gómez Caruncho, responsable da inmobiliaria Distrito 85, sinala que
"hoxe en día todo o que nos entra na inmobiliaria, tanto en venta como alugueiro, en poucos días ou semanas transfórmase nun éxito". 

Os expertos non agardan un cambio na tendencia dos prezos, polo que apuntan que este podería ser un bo momento para comprar, sen esperar a que baixen máis os xuros. Así o indica Josué Gándara, director comercial da inmobiliara Doval, quen destaca que "as baixadas (de xuros) agárdanse graduais, e quedarían por riba do 2,5 %. Aínda que se abaraten as hipotecas, non vai impactar no prezo da vivenda, que se regula pola oferta e a demanda". 

Nesta época de verán tamén hai moitas vendas a compradores estranxeiros. Con todo, os prezos moitas veces desaniman os que buscan vivenda. Segundo o portal inmobiliario Fotocasa, o prezo medio do metro cadrado en Galicia rolda os 1.670 euros, superando os 2.200 na provincia de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade