Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a clientela estranxeira interesada en mercar aldeas galegas ou casas no rural

Medra a clientela estranxeira interesada en mercar aldeas galegas ou casas no rural

Invisten coa intención de convertelas en vivenda habitual ou nun negocio

 

G24.gal 19/05/2024 14:42 Última actualización 19/05/2024 15:09

Cada vez máis persoas doutros países interésanse polo entorno rural galego. No sector inmobiliario nótase un incremento de clientela estranxeira que quere adquirir casas ou mesmo aldeas completas abandonadas.

Nunha destas empresas, especializadas en dotar dunha segunda oportunidade aos inmobles, recoñecen que a clientela de fóra representa o 80 % do seu negocio. Predomina a británica, seguida da americana, de Países Baixos, Escandinavia, Francia e Grecia.

Segundo comentan, nuns casos invisten para converter a propiedade en vivenda habitual e noutros, para poñer en marcha un negocio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade