Cargando resultados...
Un puñado de 'coliving' ofrecen estadía e espazo de traballo na Galicia rural
Un puñado de 'coliving' ofrecen estadía e espazo de traballo na Galicia rural
Son nómades dixitais, traballan en remoto, viaxan, pero, porén, foxen da soidade. Buscan familia e fogar, atópana nos coliving, un espazo que dá resposta a unha determinada forma de vida
G24.gal
08/11/2024 16:20
Última actualización 08/11/2024 16:36
O coliving e o coworking son dous conceptos que xurdiron hai pouco máis dunha década e que a día de hoxe se estableceron como forma de vida e de traballar. Falamos de vivir e traballar en espazos comúns, con estancias mínimas de 15 días ou un mes. En Galicia, amais desta modalidade, un puñado de casas ofrecen coliving e coworking no rural. Nestes casos, amais de convivir e cotraballar, búscase que se coñeza o rural e mesmo que se trasladen a el.