Centos de persoas reciben unha carta falsa da Seguridade Social coa intención de roubar datos bancarios
Centos de persoas reciben unha carta falsa da Seguridade Social coa intención de roubar datos bancarios
Centos de persoas reciben unha carta falsa da Seguridade Social coa intención de roubar datos bancarios
As vítimas son xubilados aos que tentan enganar pedindo DNI e conta bancaria para pagar unha suba nas pensións
Os estafadores xustifican a petición alegado que os datos se borraron nun ficticio ataque informático
Coidado. Se recibiu unha carta da Tesourería Xeral da Seguridade Social onde lle din que lle subiron a pensión moito ollo porque é un timo. Os estafadores o que queren é que lle dea os seus datos, numero do DNI ou contas bancarias, para, por exemplo, asaltarlle a conta. Enviaron centos destas cartas.
Copian o logotipo da Tesourería Xeral da Seguridade Social e envía a carta por correo ordinario. O obxectivo, conseguir DNI e contas bancarias das vítimas. A Policía lembra, unha vez máis, que os datos sensibles só se solicitan nas propias dependencias oficiais.
"Ningunha Administración pública solicita información sensible, nin DNI, nin conta bancaria nin ningún tipo de documento a través de mensaxes de teléfono, correo electrónico nin correo ordinario. Como moito vannos pedir que acudamos ao organismo", advirte o voceiro da Policía Nacional en Lugo, Manuel Arias.
Din que os datos persoais se perderon nun suposto ataque informático. Hai que desconfiar sempre e confirmar antes de picar. "Se tomamos as precaucións necesarias, como chamar a ese centro ou acudir a el, xa nos damos conta si se trata dunha estafa ou non".
Como cebo os estafadores informan do pagamento dun incremento nas pensións.