Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha banda entra roubar nas casas de Lugo coa escusa de limpar os colchóns

Unha banda entra roubar nas casas de Lugo coa escusa de limpar os colchóns

O calote consiste en ofrecer un falso servizo de limpeza gratuíta para levar así as xoias e os cartos do fogar

G24.gal 17/10/2024 16:55

Está operando en Lugo a banda do calote do colchón. Operan chamando a particulares e ofrecéndolles unha limpeza e desinfección do seu colchón, para así roubar na casa. 

Chaman ofrecendo un tipo de limpeza especial e gratuíta que en principio viría incluída na compra do colchón. Unha muller fai as chamadas para concertar as citas e que lle abran a porta para despois presentarse un home, que é o que aproveita para levar xoias e cartos.

As tendas de colchóns advirten de que este servizo non existe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar