Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo en orixe da carne de vacún leva subindo dende outubro

O prezo en orixe da carne de vacún leva subindo dende outubro

A cotización media sitúase nos 6,40 euros/quilo fronte aos 5,40 de agosto

Aumentou a demanda e caeu a oferta por causa da EHE

Andrés Pavón 03/12/2024 17:42

Aínda que con atraso respecto ao resto de España, a suba da carne de vacún tamén chegou a Galicia. Actualmente o prezo medio está nuns 6,40 euros o quilo fronte aos 5,40 de comezos de ano. Aumentou a demanda, pero tamén se reduciu a oferta por causa da enfermidade hemorráxica epizoótica. En todo caso, un alivio para as explotacións logo de meses de suba dos custos.

"Subiu a nivel nacional e internacional. Aquí chegou tarde, pero trataremos de consolidalo porque é algo imprescindible.", di José Ramón González, de Unións Agrarias

Agora os gandeiros queren que a suba sexa estable e que non volva haber caídas fortes dos prezos. A apertura de novos mercados coma o marroquí poden favorecer a estabilidade, pero o 65% da carne galega séguese consumindo en Galicia polo que cómpre mellorar a exportación e desestacionalizar o produto.

"Segue sendo estacional. Por exemplo, agora sobe no Nadal pero a comezos de ano baixa moito a oferta e a demanda.", sinala Sonia Expósito, gandeira

Por outra banda, os especialistas sinalan que Galicia ten moita marxe de crecemento na produción de vacún maior, a carne máis cotizada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade