A empresa cárnica Torre de Nuñez incrementou a súa facturación un 12 %
A empresa cárnica Torre de Nuñez incrementou a súa facturación un 12 %
En proceso de ampliación a nave de Conturiz (Lugo) para aumentar a producción un 30 %
En 2023 facturou 40 millóns de euros e este ano esperan chegar aos 45
A segunda xeración da cárnica Torre de Núñez aposta pola internacionalización e exporta os seus embutidos a 36 países.
Esas exportacións supoñen xa case unha quinta parte da facturación da compañía. As 560 toneladas que saen cara a fóra de España xeran uns ingresos superiores aos 6,5 millóns de euros.
Torre de Núñez produce anualmente máis de 5.500 toneladas. A súa posición na industria cárnica é cada vez máis sólida. Facturados case 40 millóns no 23 e se a campaña de Nadal se dá como esperan, este ano poderían acadar os 45.
José Manuel Núñez, director xeral de Torre de Núñez, di que este ano teñen en perspectiva aumentar as vendas aproximadamente un 12 ou 13 por cento. "Levamos constante evolución en facturación e volume de vendas dende o inicio. Nos últimos 20 anos multiplicamos por vinte as vendas".
E non só no mercado nacional. Exportan a 36 países e esta división cada vez ten máis peso na facturación. "Internacionalmente crecemos o dobre en vendas nacionais. Este ano agardamos que as vendas en exportacións estean arredor dos sete millóns de euros, o que suporía un 17 ou 18 por cento da facturación da empresa".
É unha empresa en plena expansión. Está en obras a ampliación dunha das tres naves que ten e que permitirá incrementar a capacidade produtiva nun 30 por cento.