A A-6 sufrirá desde este mércores cortes de carril polas obras de reparación do firme en Becerreá
A A-6 sufrirá desde este mércores cortes de carril polas obras de reparación do firme en Becerreá
Produciranse afectacións ao tráfico este mércores, desde as 8:00 ás 18:00 horas; e o xoves, desde as 8:00 ás 13:00 horas
O Goberno aproba 25,7 millóns para reparar 60 quilómetros da A-6 na provincia de Lugo
O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vai executar esta semana actuacións de reparación do firme en tramos puntuais da A-6, entre os quilómetros 450 e 455, ao seu paso por Becerreá (Lugo), o que implicará cortes en carrís en sentido A Coruña.
As obras, informou o Goberno central, desenvolveranse en horario diúrno, co fresado do firme existente e a extensión posterior de mesturas bituminosas en quente.
A prol de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, produciranse afectacións ao tráfico este mércores, desde as 8:00 ás 18:00 horas; e o xoves, desde as 8:00 horas ás 13:00 horas.
Esta actuación forma parte dos programas de conservación e mantemento da Rede de Estradas do Estado, a través dos cales o Ministerio investiu na provincia de Lugo máis de 139 millóns de euros desde xuño de 2018.
O Goberno aproba 25,7 millóns para reparar 60 quilómetros na provincia de Lugo
O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros dun contrato de obras para a rehabilitación estrutural do firme en 60 quilómetro da autovía A-6. Será no tramo entre O Corgo e Guitiriz, en sentido Madrid.
Con esta actuación, o Goberno asegurou que se pretenden corrixir as deterioracións que presenta o firme, mellorando así a seguridade viaria e a comodidade na circulación.