Publicador de contidos
Publicador de contidos

A remuda xeracional permitiu impulsar a gandería en Montederramo: 10 vacas por habitante

A remuda xeracional permitiu impulsar a gandería en Montederramo: 10 vacas por habitante

Este concello da montaña ourensá celebra cada 12 de outubro a Feria da Carne para pór en valor a importancia do sector na zona e a calidade do seu produto

Nela, ademais de exhibición de gando, tamén se poden mercar ou degustar a carne cociñada de diferentes xeitos. Desta volta serán 1.200 quilos

G24.gal 11/10/2024 20:49

É o concello da provincia de Ourense con máis cabezas de gando, preto de 7.000, o dobre que hai dúas décadas. Como na maior parte da zonas rurais, os veciños de Montederramo foron a menos co paso dos anos, pero a cabana gandeira medrou. Neste intre hai unhas dez vacas por cada habitante. 

A aposta dos máis novos polo sector garantiu o relevo xeracional e permitiu dar pulo a unha actividade que constitúe o principal motor económico da zona. Para dar a coñecer a importancia do sector e calidade da carne, que se cría en extensivo nos montes do Macizo Central, organizan, cada 12 de outubro, unha feira. Nela, ademais de exhibición de gando, tamén se poden mercar ou degustar a carne cociñada de diferentes xeitos. Desta volta serán 1.200 quilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade