A Xunta solta 84.000 unidades de semente de ameixa xapónica na ría de Corcubión
A Xunta solta 84.000 unidades de semente de ameixa xapónica na ría de Corcubión
En 2024, preto de 750.000 sementes de distintos bivalvos saíron dos centros de investigación para acabar nas rías
Está en marcha tamén un proxecto para seleccionar estirpes de berberecho adaptadas a condicións de salinidade extrema
É un traballo que se leva tempo facendo para tratar de protexer o futuro do sector. Neste caso, en Corcubión. Unha solta de 84.000 unidades de semente de ameixa xapónica para rexenerar a ría.
En Ribadeo, no CIMA, o Centro de Investigacións Mariñas, criaron o lote que sementaron en Corcubión. Agora, os seus científicos andarán atentos á evolución desta ameixa.
Neste 2024, arredor de 750.000 sementes de ameixa e doutro tipo de bivalvos saíron dos centros de investigación e acabaron no mar en colaboración coas confrarías, que falan de anos difíciles.
Amais das sementeiras que tratan de recuperar as áreas de produción, o CIMA, en colaboración co Campus Terra de Lugo, está a traballar tamén nunha selección de estirpes nunha poboación de berberecho. Someterana a condicións extremas de temperatura e salinidade para atopar individuos que sobrevivan a estas situacións e ver que factores os fan resistir.