Cargando resultados...
A Feira do Mel do Valadouro reúne apicultores de toda a comarca
A Feira do Mel do Valadouro reúne apicultores de toda a comarca
Este ano houbo menos velutina, pero o mal tempo minguou a colleita
G24.gal
12/10/2024 20:42
Última actualización 12/10/2024 21:51
Celebrouse este sábado a 37º edición da Feira do Mel do Valadouro, un encontro en que os apicultores da comarca ofreceron a colleita das súas abellas, nun ano en que houbo menos velutina, pero no que as adversidades meteorolóxicas trouxeron un descenso na produción.
Este ano houbo menos vespa asiática pero, desta volta, as abellas tiveron que lidar co mal tempo. Con todo, o mel desta zona segue tendo unha calidade extraordinaria.
Na feira do Valadouro comparten espazo os apicultores veteranos con algúns novos que decidiron retomar a tradición dos seus antergos. Nesta comarca a cultura das abellas transmítese de xeración en xeración.