Poxa de xovencas na Semana Gandeira de Mazaricos
Poxa de xovencas na Semana Gandeira de Mazaricos
Na poxa participaron 18 xovencas de ganderías da provincia da Coruña
Durante a fin de semana celebráronse xornadas técnicas do sector lácteo
Desde as once da mañá por este recinto foron pasando as 18 xovencas que participaron na poxa procedentes de Santa Comba, Outes, A Laracha, Toques, Trazo e Mazaricos. Cada animal foi exhibido ante o público asistente ata seren adxudicados ao mellor postor.
"Somos un concello produtor de leite. Aquí vivimos da gandería e a xente traballa as súas terras como sempre. E é unha cousa da que sentirse orgullosos. Esta poxa ten 18 animais de primeira calidade onde os gandeiros poden comprar a bo prezo e coa seguridade de que son animais de primeira calidade", asegura Juan José Blanco, alcalde de Mazaricos.
"É a demostración da excelente gandería de leite que temos na comarca de Mazaricos e noutras zonas de Galicia", di a conselleira do Medio Rural, María Xosé Gómez.
Ademais da poxa, nesta semana gandeira celebráronse xornadas técnicas do sector lácteo, exposición de maquinaria e produtos agrícolas e gandeiros, e concursos relacionados co sector.