Publicador de contidos
Publicador de contidos

Producen un novo fertilizante natural con xurros porcinos e residuos forestais

Producen un novo fertilizante natural con xurros porcinos e residuos forestais

É un proxecto de investigación que se está a desenvolver en Verín e no que participa unha comunidade de montes local

Está a dar bos resultados para o cultivo da vide ou para a recuperación de solos danados polos incendios

G24.gal 30/11/2024 21:27

Nuns terreos da comunidade de montes de Vences, comarca de Monterrei, van plantar viñedos. É unha das zonas onde están facendo os ensaios dun novo composto orgánico, froito da compostaxe de dous tipos de residuos: xurros porcinos e biomasa forestal.

"O que se pretende conseguir é que a erosión do solo sexa menor. Economía circular: recursos que se xeran aquí, aproveitaríanse para empregar de novo aquí, evitando a utilización de fertilizantes químicos", comenta Ana María Pérez, autónoma agraria que colabora no proxecto.

Retiraron os residuos forestais do monte, trituráronos e agora forman parte do compost que nutre o chan.

"Para nós e para o resto de comunidades de montes da comarca é importante sobre todo retirar o combustible, a biomasa, porque estamos nunha zona de riscos forestais bastante altos", asegura Iván Alonso Guerra, presidente da comunidade de montes Serra de Meda de Vences.

O proxecto de investigación iniciouse no 2022 e está xa na recta final. Tamén testaron a súa eficacia como fertilizante natural para o cultivo das vides, oliveiras e pistachos.

"A produtividade do solo mantívose, é dicir, a emenda orgánica achegoulle á planta o que necesitaba ao longo do ano", explica Ana María.

No proxecto colaboran as universidades de Vigo e Santiago e está financiado con fondos europeos, da Xunta e do ministerio de Agricultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade