Levan xoias dunha vivenda do Buriz e intentan roubar noutras casas nos Vilares, en Guitiriz
Levan xoias dunha vivenda do Buriz e intentan roubar noutras casas nos Vilares, en Guitiriz
O ladrón entrou a plena luz do día no cuarto do dono do inmoble desvalixado
Unha vivenda do lugar de Xiá, na parroquia guitiricense do Buriz, foi asaltada a plena luz do día mentres o seu dono, que é dependente, estaba a durmir.
Tanto do seu cuarto, onde se atopaba o propio ancián, como doutro, levaron varios dos xoieiros con elementos valorados en varios miles de euros, pero tamén tiñan un alto valor sentimental, posto que eran herdados.
Previamente a este altercado, denunciouse que intentaran roubar noutras vivendas próximas, na parroquia dos Vilares, polo que os veciños da zona están preocupados.
A Garda Civil investiga agora a autoría destes feitos, xa que o mesmo home entrara nunha casa da Pena, onde se topou cunha muller ao abrir a porta, e tamén entrou sen permiso no lugar do Merendeiro, onde os residentes estaban a comer.