Deteñen un veciño do Grove acusado de varios roubos de bolsos polo método do tirón
Supostamente roubaba o bolso dun tirón a persoas maiores, e fuxía en bicicleta
A Garda Civil do Grove rexistrou catro denuncias este mes de abril por feitos similares

A Garda Civil detivo no Grove un veciño da localidade como presunto autor de varios roubos de bolsos polo método do tirón.
Segundo informa a Benemérita, ao home, de 43 anos e con antecedentes policiais, investígano por un suposto delito continuado de roubo con violencia. Collérono despois do último golpe que presuntamente deu: pasou na bicicleta pola zona praza do Corgo, deulle un tirón ao bolso dunha muller, tirouna o chan e fuxiu rapidamente do lugar.
Segundo relatan os veciños, a última vítima, duns 70 anos recupérase das mazaduras e -sobre todo- do susto que levou. Denunciou os feitos no cuartel da Garda Civil que, coa colaboración da Policía Local, axiña identificaron e detiveron o presunto autor.
Grazas á colaboración da Policía Local, finalmente esclarecéronse os feitos, detendo o home, sendo remitidas as dilixencias ao Xulgado de Garda de Cambados.