Publicador de contidos

Publicador de contidos

Con pedrazo na calzada, o espazo de freada pódese multiplicar ata por dez

Con pedrazo na calzada, o espazo de freada pódese multiplicar ata por dez

Tráfico e as autoescolas recalcan a importancia de aumentar a distancia de seguridade co chan mollado

Tamén é fundamental reducir a velocidade e non dar volantazos nin frear bruscamente

 

 

G24.gal 16/04/2025 14:51

En momentos de sarabiadas intensas coma as que se rexistran estes días en Galicia é mellor evitar saír á estrada, pero tendo en conta que os plans de vacacións xa estarán en marcha é probable que a treboada xa nos pille en ruta. Nesas situacións cómpre ter presente o fundamental do que aprendemos na autoescola, como nos lembra a profesora Cristina Sinde: "Ir un pouco máis amodo, acender as luces de cruzamento para que nos vexan e aumentar a distancia de seguridade".

Malia que todo o mundo parece ter presente a teoría, Cristina di que na realidade non sempre é así, sobre todo no que respecta a distancia de seguridade. Remarca que moitos condutores non son conscientes de canto cómpre aumentar esa distancia co chan mollado. 

"Coa estrada mollada o espazo de freada pode ser o dobre, pero se cae unha sarabiada, que non deixa de ser xeo, pode chegar a ser ata dez veces máis". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar