Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sarabiada de Bóveda acumula, en só vinte minutos, ata un metro de pedrazo

A sarabiada de Bóveda acumula, en só vinte minutos, ata un metro de pedrazo

O pedrazo estragou ata o 30 % da produción de uva no Ribeiro

Así estaba a entrada da casa de Juan Rodríguez despois da sarabiada
G24.gal 05/06/2023 21:33

A Juan, veciño de Bóveda, a media hora de sarabiada do domingo illouno na carpintería e á familia na casa. Cando escampou, tiña por diante un metro de pedrazo acumulado.

"Vin levantar unhas cousas e xa non me deu tempo a volver para atrás porque veu tal tromba de pedra e auga. Tiven que apartar cunhas pás manuais e facer un sendeiro para chegar á porta. Terrible, eu non lembro cousa igual".

O pedrazo retirado e amontoado ás portas, segue conxelado tras tupir os desaugadoiros e provocar o anegamento da casa. Os veciños láianse porque a sarabiada lles estragou as hortas.

"Ben vedes como o deixou, todo arrasado, as parras igual. Arrincar estes e poñer outros, non hai xeito de recuperalos".

Cóntanos o alcalde José Arias que o trebón foi moi localizado.

"Centrouse na capitalidade, nunha lonxitude dun quilómetro e nunha franxa de 700 metros".

Á mesma hora, outro trebón caía en Lugo con ata 30 litros de auga por metro cadrado en só 20 minutos e alagou baixos e garaxes en varios puntos da cidade, mesmo ho Hospital Lucus Augusti.

Na provincia de Ourense, calculan que as sarabiadas estragaron entre o vinte e o trinta por cento da produción de uva do Ribeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade