Galicia é a comunidade con maior presenza femenina no sector agrogandeiro
Galicia é a comunidade con maior presenza femenina no sector agrogandeiro
O 48 por cento das granxas galegas están en mans de mulleres, pero moi poucas, só un 4,5 %, teñen menos de 40 anos
Hoxe, aínda que segue haber fenda de xénero, o traballo da muller xa non está tanto na sombra
O 48 por cento das granxas galegas están en mans de mulleres, pero moi poucas, só un 4,5 %, teñen menos de 40 anos. Unha delas é Quiara, que hai tres anos cambiaba o seu salón de peiteado pola granxa.
"No meu caso foi todo para mellor, é unha vida moito máis familiar, a verdade é que a conciliación pódese facer perfectamente", asegura Quiara Pardiñas.
Lucía ten 25 anos e vai seguir o mesmo camiño. Hoxe di que está en prácticas na explotación de seus pais, pero nun futuro será ela quen a dirixa.
"Igual dubidei cando fun a universidade, pero como estudei en Madrid deime de conta de que a cidade non era para min, sempre tiven claro que me gusta estar fóra, cos animais, no campo", explica Lucía López, da gandería Puluán de Monforte.
O papel da muller no rural sempre foi esencial, e hoxe, aínda que segue haber fenda de xénero, xa non está tanto á sombra.
"Nosoutras ao final somos o motor das granxas", engade Quiara.
Con 44 anos Luz Divina xestiona dende Vilalba dúas empresas que comercializan produtos agropecuarios por España e Europa. Ela é a terceira xeración dun negocio familiar en que a pioneira foi a súa avoa aló polo 1949 e a materia prima arredor da que xira o seu negocio son produtos do rural.
"Realmente quen mandaba na fábrica aquí sempre foron mulleres. Nós traballamos produtos autóctonos e era a muller a que tradicionalmente saía recollelos", conta Luz, xerente de Champivil.
Días coma o de hoxe, Día da Muller no Rural, axudan a visibilizar o seu traballo, pero tamén campañas coma esta nas que elas son as protagonistas.
"A idea é amosar gandeiras que traballan con nós que son empresarias de éxito para que sirvan de referente para outras mulleres", di Carmen Lence, presidenta de Leite Río.
Galicia é a comunidade con maior presenza feminina no sector agrogandeiro; aínda así, eles seguen sendo máis. A empregabilidade masculina segue estar 8 puntos por riba da feminina.
Saben que o papel das mulleres sempre foi e será esencial no rural co adianto de que agora xa non son invisibles, son emprendedoras valoradas e recoñecidas. No caso do sector gandeiro, Galicia é na actualidade a comunidade española con maior número de mulleres xefas de explotacións e hai remuda entre as novas xeracións.