Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas mozas logran deter un estafador na Estrada que tentaba roubarlle a unha anciá

Dúas mozas logran deter un estafador na Estrada que tentaba roubarlle a unha anciá

O detido, residente en Melide, xa acudiu a prestar declaración por un presunto delito de estafa

Fíxose pasar por un amigo do fillo da vítima para gañar a súa confianza

G24.gal 01/11/2024 14:28

Manuela viña de facer compras no centro da Estrada cando un home se achegou a ela, coa escusa de que era amigo do seu fillo, tentando engaiolar e confundir esta muller de case 90 anos.

Cando ela se dispoñía a entra no portal da súa casa, coa mosca detrás da orella, el foi detrás e pediulle 5 euros. A muller ía darllos porque estaba asustada pero o home colleu a carteira e quitoulle todo o que levaba.

Dúas mozas, unha delas Garda Civil en prácticas, viron a manobra e interviron para evitar o roubo pero o home fuxiu. Non o pensaron dúas veces e perseguírono ata que lograron retelo. Logo chegaron axentes da Policía local e da Garda Civil.

Trátase dun feito illado na Estrada pero hai que andar con moito ollo. O detido, residente en Melide, xa acudiu a prestar declaración por un presunto delito de estafa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade