Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños da Estrada deciden o futuro dun farol nunha consulta popular

Os veciños da Estrada deciden o futuro dun farol nunha consulta popular

Participaron 1.147 veciños na consulta popular

O farol situarase finalmente na opción máis próxima á actual

A substitución da luminaria actual pola histórica da praza do Mercado non conseguiu os votos necesarios

G24.gal 09/11/2024 14:37

Hai poucos minutos que se pecharon as urnas no concello da Estrada para rematar a consulta veciñal sobre a localización dun popular farol que preside unha céntrica praza da vila pontevedresa. Os residentes podían elixir entre tres posibles localizacións do farol e mesmo optar por conservar o actual ou substituílo polo histórico de 1840, situado na praza do mercado. A escolla semella que vai estar repartida.

A debatida localización deste farol, instalado hai case corenta anos e referente patrimonial para moitos veciños, vén do futuro proxecto de peonalización da praza onde está situado. O desencontro entre o Goberno municipal e a oposición polo destino do lampadario rematou por facer partícipes aos veciños neste singular plebiscito.

Onte xa votaron uns setecentos residentes dos case vinte mil que hai na Estrada con dereito a decidir e a votación rematou ao mediodía. E aínda que non fallan veciños que apuntan outras prioridades antes que a remodelación da praza, o reconto das papeletas alumeou o destino do controvertido farol.

Sobre un total de 1147 votos, segundo o concello estradense,  a veciñanza optou maioritariamente (820 papeletas) por emprazar a luminaria na localización máis próxima á actual, e continuar co mesmo farol (683 sufraxios) que hai instalado no lugar. A opción de substituílo polo lampadario histórico localizado na Praza do Mercado conseguiu 453 votos. Segundo avanzou o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o resultado da votación enviaráselle este vindeiro luns a empresa encargada de realizar o proxecto de humanización da praza para que o inclúa no redactado final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade