Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños atemorizados pola conflitividade con outro habitante dunha aldea de Amoeiro

Veciños atemorizados pola conflitividade con outro habitante dunha aldea de Amoeiro

Xa todos o denunciaron nalgunha ocasión por ameazas e por comportamentos incívicos e violentos

Piden que se fagan cargo del antes de que suceda algunha desgraza

G24.gal 19/06/2024 13:43

En Monte Asnal, concello de Amoeiro, hai media ducia de veciños, desesperados pola mala relación con outro. Din que lles fai a vida imposible.

"Téñolle medo, porque xa me sacou tres veces unha navalla, baixa os pantalóns e di 'chúpame aquí'..., insultos e de todo, de todo". "É moi triste vivir na túa aldea e ter que encerrarte na casa porque tes medo". "O meu fillo teno ameazado de verdade, que cando o atope nun camiño córtalle o pescozo", comentan tres veciñas.

Todos o teñen denunciado nalgunha ocasión, algún máis dunha vez. O último xuízo tívoo a pasada primavera, pero non se resolveu.

"En abril houbo un xuízo, pero suspendeuse polas condicións en que estaba el, á espera de que o cite un forense, pero aínda estamos esperando. Non sabemos nada", explica José Benito, un dos veciños afectados.

O denunciado, Ángel, négao todo.

"É mentira, mentira!. Son eles os que me están acosando", asegura.

Vive con seis cans e di que nalgunha ocasión llos intentaron envelenar. Non está disposto a ingresar en ningún centro.

"Eu teño probas médicas por unha discapacidade, non me dan ataques de nervios nin nada", di Ángel.

Pero os veciños insisten. Din que o fan polo seu ben.

"Nós o que queremos é que este rapaz, nas condicións nas que está, de pasar fame e situación insalubre, que se fagan cargo del". "Eu sempre o dixen: non desexo que lle fagan dano, senón que o coiden", sinalan dous veciños.

Temen que ocorra algunha desgraza se non se toman medidas a tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade