Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reconstrución virtual do coro do Mestre Mateo permite apreciar todo o seu esplendor

A reconstrución virtual do coro do Mestre Mateo permite apreciar todo o seu esplendor

Este proxecto de reconstrución virtual combinou tecnoloxía da avangarda con investigación histórico artítisca

G24.gal 17/12/2024 16:11

A Catedral de Santiago foi a primeira do mundo, antes ca Notre Dame de París, en construír o coro pétreo, que representaba a polifonía. O autor non é outro ca o mestre Mateo. E aínda que o coro só se conserva parcialmente, acaba de ser reconstruído de xeito virtual por un equipo de investigadores da USC. O resultado é abraiante.

O coro era no ano 1190, o lugar de asento dos cóengos, de reunión do Cabido, un centro de procesións, de liturxias, parlamentos, xerarquías. 

 "Moitos cóengos da Catedral tiñan asistentes musicais que eran trobadores. Así que arredor do coro mateán tamén se creou unha das escolas compostelás da lírica e da música galego- portuguesa. Era un espazo fundamemtal para visitantes da Catedral, para a vida diaria e litúrxica da Catedral, que se celebraba máis no coro ca no altar maior", explica Francisco Prado Vilar, Investigador principal de Kosmotec 1.200.

O coro foi desmontado na época barroca e as pezas esparexidas, ou quedaron debaixo, ou foron soterradas na escalinata, ou, algunhas, ata na foron trasladadas para a Porta Santa. 

Este proxecto de reconstrución virtual combinou tecnoloxía da vangarda con investigación histórico-artítisca. Un minucioso traballo para facer o crebacabezas co que quedaba e imaxinar o que xa non está, con rigor histórico. Houbo medicións láser, recorreron ás miniaturas da época..., con este resultado.
 

"É que todo é posible. Os monumentos que se crían perdidos podemos volver a habitalos virtualmente ou mesmo materialmente. Percorrer o mesmo espazo orixinal e que o coro coas súas dimensións cromáticas, materiais, olfactivas, musicais se materialicen arredor dun", di Francisco Prado.

Da man da Universidade de Santiago sabemos agora que corenta anos antes ca o de Notre Dame, a catedral que se considera o berce musical de occidente, Santiago tiña por obra do mestre Mateo un coro que amosa os daquela recentes coñecementos e códigos da polifonía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade